Wen

My photo
Europa, Spain, Galicia, Santiago de Compostela, Coruña, Spain

Sunday, February 05, 2006

Paseo

Pasan os días
Pasan os amenceres
Pasan
Simplemente
Sen facer ruido

Pasan os luns
Pasan os martes
Estamos en domingo

O tempo corre
O tempo fuxe

Eu fuxo
Ti fuxes

Nós fuximos

É o antídoto perfecto
Contra o amor

E, mentres,
Todo segue igual
Eu ámote
Ti a min non

¿Entón?
Mellor lonxe

As nosas olladas
Distantes
Os nosos corpos
Alleos

A túa voz soa
Eu soa
A música soa
Ti eres da costa
Seino e non te amolo

Evito mirarte
Cando ti me miras

Evito amarte
Cando ti non o fas

A vida pode ser tan cruel
Coma para non amarme ninguén

No comments: